Ruta 2019

Ola amigos!

Estamos de volta outro ano máis para ofrecervos unha nova experiencia polos lares máis espectaculares das nosas terras. A IX RUTA DO COLESTEROL. Como ben sabedes, a nosa ruta aproveita ó máximo os recursos que a nosa orografía nos ofrece, e por iso se convirteu nunha referencia no mundo das andainas.

Desta volta, como non podía ser doutra maneira, percorreremos sendeiros a través dos nosos montes, a carón das augas que bañan as nosas terras, as do río Ulla, e tamén as das que bañan as terras pontevedresas de Vila de Cruces e de Silleda, as do ría Deza e as do Toxa.

Sendeiros a caron dos nosos ríos, pontes romanas, árbores centenarias, carballeiras, camiños  a pe do río, sendeiros... desta volta percorreremos o camiño que separa a nosa parroquia (a de Oural) das fervenzas do Toxa, no concello de Silleda. Ademáis visitaremos o mosteiro de Carboeiro, unha das obras máis importantes do románico galego, a ponte románica de Ledesma, famosa pola milagre do Trasdeza, as illas de Gres, a historia de Xosé Neira Vilas... todo esto é o que a RUTA DO COLESTEROL vos ofrece, unha viaxe pola Galicia máis natural e enxebre. Unha viaxe á que non podedes faltar.

Voltaremos a contar cun percorrido nun só anel, de 50 km, de novo cunha porcentaxe de camiños sen asfaltar altísima (máis do 90%). Ademáis, como nas últimas edicións, daremoslle a posibilidade ós participantes que así o desexen, de abandonar en calquera dos puntos de avituallamento que disporemos ao longo do percorrido.

Este punto é de interese, xa que permitímosvos facer percorridos de 10, 18, 25, 32, 38, 44 ou 50 km. Se non estás preparado para completar os 50 km ou durante a duración da proba non te atopas con forzas para seguir, esta é a túa andaina.

Tanto os participantes que abandonen por problemas físicos coma os que decidan facer un percorrido máis curto serán transladados ó punto de inicio da proba polos vehículos da organización.

Os participantes que non completen a proba disfrutará das mismas vantaxes que os que si o fagan. Esto inclúe duchas ao final do percorrido, avituallamento final con grifos de cerveza, recordo da proba e diploma de participación (non valedeiro para a Copa Galega de Andainas de 50 km). Asímesmo, poderá disfrutar dos xa famosa callada a partir das 19:00 horas.

E, como non, a nosa proba será valedeira para o Campionato Galego de Andainas de 50km, por oitavo ano consecutivo.

Características do percorrido:

Trátase de unha proba de fondo de 50km que transcurrirá por camiños non asfaltados na súa inmensa maioría.

O punto de encontro será a Casa da Cultura de Camporrapado (Boqueixón). A saída será ás 09:00 horas e o primeiro kilómetro será neutralizado para tódolos participantes polas rúas de Camporrapado. Recoméndase estar no lugar ás 08:15 para a recollida de dorsais. Durante este primeiro tramo neutralizado non haberá marcas nin señais de ningún tipo, polo que é importante ser puntual e tomar a saída a tempo cos demáis participantes.

Haberá 6 puntos de avituallamento repartidos ó longo de toda a proba, nos que teremos auga, bebidas isotónicas, froita, bocadillos, empanadas, snaks e demáis. O acabar teremos, coma tódolos anos, os famosos callos e viño. É importante recalcar que esta merenda-cea non estará dispoñible ata as 19:00 horas, polo tanto os que remanten antes ou decidan abandoar a proba nalgún punto kilométrico deberán agardar para disfrutar dela.


· Primeiro avituallamiento.

· Segundo avituallamiento.

· Terceiro avituallamiento.

· Cuarto avituallamiento.

· Quinto avituallamiento. 

· Sexto avituallamento :

 

* Os puntos kilométricos dos avituallamentos incluirémolos en canto identifiquemos os lugares axeitados para eles.

 

 

 

 

 

 

A organización resérvase o dereito de modificar a localización de certos avituallamentos segundo a climatoloxía e as condicións do terreo o esixan.

Ademáis destes 6 puntos fixos, a organización poderá dispor de outros 2 puntos máis de avituallamento no caso no que as condicións meteorolóxicas así o esixan (demasiado calor).

Para os participantes con retencións estos serán os tempos de apertura e peche dos puntos de control. Aqueles que excedan o tempo poderán ser eliminados da proba pola organización, así como aqueles que non respeten os tempos mínimos de cada control. Faremos especial incapé en reter aos participantes nos puntos, xa que, recordamos, as andainas son eventos deportivos NON COMPETITIVOS, e queremos que poidan disfrutar do percorrido e as paisaxes do noso concello.

· Primeiro control ( km):

o Abre: 

o Pecha:

· Segudo control ( km):

o Abre:  

o Pecha:

· Terceiro control (km):

o Abre:  

o Pecha:

· Cuarto control ( km):

o Abre:  

o Pecha:

· Quinto control ( km):

o Abre:

o Pecha:

· Sexto control ( km):

o Abre:  

o Pecha:

¿Como facelo?

Como sabedes, o percorrido poderase facer da seguinte maneira:

CAMIÑANDO: cun máximo de 12:00h e un mínimo de 8. Haberá retencións en tódolos puntos de avituallamento, que funcionarán tamén como controis. Os tempos mínimos e máximos estarán dispostos nas tarxetas de control que se lles entregará ós participantes.

Aqueles que completen os 50km no tempo establecido, recibirán un diploma acreditativo valedeiro para a Copa Galega de Andainas de 50 km.

Para os que non consigan finalizar a proba recibirán un Diploma de participación no que se estipularáns os kilometros realizados e o tempo empregado.

Ó finalizar a proba haberá duchas habilitadas para os participantes, entrega de diplomas, entrega de camisetas da proba, sorteo de agasallos e unha gran merenda-cea cos tradicionais callos.


Organización:


Para un bo control da proba establécese un número máximo de participantes de 400.

A organización reservase o dereito de poder modificar o reparto de dorsales según a afluencia de participantes.

Tratarase de minimizar os riscos da proba, contando coa colaboración de membros de protección civil nos puntos máis críticos, pero A ORGANIZACIÓN NON SE FARÁ RESPONSABLE DOS DANOS QUE POIDAN SUFRIR OS PARTICIPANTES.

Os menores de 16 anos deberán ir acompañados por adultos.

Os organizadores terán dereito a poder desclasificar a participantes que non se atopen nas condicións físicas mínimas para poder rematar a proba, así como a aqueles que se excedan dos tempos máximos estipulados en cada control.

A organización poñerá un vehículo a disposición dos participantes que desexen abandonar voluntariamente nos puntos de avituallamento. Isto exclúe causas como incidentes ou lesións, onde se activarán os equipos que valorarán a situación e iniciarán a evacuación do participante, de ser necesaria.

 

Copyright © 2010 rutadocolesterol